Por ghose , 13 Dec 2017, na categoría IT, seguridade
Actualizado: ver abaixo
Se utilizas password-store como xestor personal de contrasinais
Se utilizas password-store desde un terminal (e non desde algún dos clientes gráficos)
Se ademáis moveches, por calquera razón, a localización por defecto (~/.password-store) dos ficheiros de contrasináis...
... entón notarás que a función de autocompletado (bash-completion) de comandos e nomes de ficheiros na terminal de linux non funcionará correctamente con pass.
Sw tes poucos contrasináis, ou teñen nomes pequenos, entón non é gran molestia ter que escribir. Pero cando aumenta o número ou a complexidade da organización dos ficheiros entón resulta moi cómodo utilizar o tabulador (TAB) para que escriba automáticamente o nome do contrasinal.
Para que funcione correctamente deberás editar o ficheiro
/usr/share/bash-completion/completions/pass
e na variable (situada ao inicio do ficheiro)
prefix="${PASSWORD_STORE_DIR:
establecer a misma ruta que indica no executable pass
/usr/bin/pass
que será a localización do almacén de contrasinais. Quedará algo como:
prefix="${PASSWORD_STORE_DIR:-/ruta/ao/ficheiro/.password-store"}
No ficheiro ~/.bashrc debes engadir abaixo de todo
source /usr/share/bash-completion/completions/pass
Este é un artigo é para min :D Tras unha nova instalación sempre me esquece cómo se fai!
Aquí tes unha pequena introdución a pass (blog de victorhck), e lembra que dependendo da túa instalación de pass e da distribución que utilices os ficheiros de configuración ou o propio executable poderían estar en diferentes cartafoles.
para evitar ter que facer isto é mellor usar unha ligazón simbólica, así non hai que modificar as variables a man e non se estragan ao actualizar a aplicación.
mv ~/.password-store ~/.password-store.backup
ln -s /ruta/aos/contrasinais ~/.password-store
facemos copia de apoio e creamos a ligazón a onde estean os contrasinais usando o nome que o programa espera atopar.