Hypatia, escáner de malware para Android

Por ghose , 30 Apr 2024, na categoría IT, móbil

android, divestOS, f-droid, hypatia, malware, móbil, seguridade

Hypatia

escáner de malware en tempo real para Android

Hypatia é o primeiro escáner de malware para Android, de código aberto e libre. Funciona grazas ás bases de datos de sinaturas con formato ClamAV.

Instala Hypatia desde f-droid.

banner desde gitlab

Caso particular

instalei hai uns meses Hypatia e no exame non atopou nada. Fai uns días actualizouse (xa aparece en galego) e despois de actualizar as bases de datos fixen un novo exame, onde atopou unha "firma" (suma de comprobación, impresión dixital única) que coincide coa dun software definido como malware, unha coincidencia potencial. Como tampouco usaba nunca esa aplicación elimineina do sistema.

Entendo que, cando se usaba a app, ésta enviaba a localización a servidores que non están oficialmente declarados. Isto é unha suposición miña, non investiguei ao respecto.

captura de pantalla do proceso de actualización e escaneo do meu dispositivo

actualización e exame

captura de pantalla da notificación e localización do ficheiro

informe do exame

Hipatia, por Rafael

por se non lle pos cara a Hipatia de Alexandría

detalle do grafiti de Rafaello

recorte dunha parede que pintou Rafael, tal como imaxinou á filósofa Hipatia (que igual non é "ela", se non un príncipe (he/him) da familia Urbino que lle pagou a Rafael. Hai que documentar os traballos!! 😄)

O único personaxe do fresco que nos mira aos ollos, de beleza canónica (o canon que temos aínda hoxe? o de toda a vida?)