Un ollo de vidro - Alfonso D. R. Castelao

Por ghose , 15 Mar 2025, na categoría libros, cultura, galicia

castelao, esquelete, libros, morte, relato, vidro

Título: Un ollo de vidro. Memorias dun esquelete

Autoría: Alfonso Daniel Rodríguez Castelao

portada

Só quería reseñar aquí que o lin. Outra vez.

Non pode un descansar nin morto. Descanse en paz! Sempre virá alguén remexer no que non é seu. Tamén hai quen lle pode a curiosidade para darlle voz ao que ten que contar un Esquelete sobre o que foi a súa vida.

Porque os esqueletes non son todos iguais, igual que na vida, e todos teñen unha historia que contar. Nesa historia aparecemos observados e retratados os vivos.

É un relato breve, onde non falta o humor (ou a retranca?) e a crítica social.