Bonos Activa Comercio en PassAndroid

Por ghose , 21 May 2023, na categoría apps, móbil

aplicación, app, bono, comercio, passandroid, passbook, xunta

usar PassAndroid para Bono Activa Comercio

A Xunta de Galicia volveu a activar a campaña de apoio ao consumo en Comecio Local a través dos Bonos Activa Comercio. Ao realizar unha compra nos comercios que se uniron á campaña (ver lista na web) tes un desconto no prezo de venda.

O sistema funciona a través dunha web onde á persoa usuaria se lle asigna un código QR que o comercio lerá coa súa app no momento do pago. A app do comercio contacta co servidor, valida o código, comproba o saldo do que dispón o cliente e indicalle ao comercio o desconto a realizar no prezo.

O cliente, ao darse de alta no sistema, convídao a instalar unha aplicación (Pass 2U) se é usuario dun trebello Android. Nun segundo paso, debe descargar o bono, que non é outra cousa que un ficheiro .pkpass , un tipo de arquivo que pode incluír a información da entrada a un evento (concertos, teatro, cine...), acceso a sistemas de transporte (avións,RENFE, autocares,...). Neste caso usan o mesmo sistema para que o cliente mostre o seu bono no comercio.

imaxe da web

Como utilizo PassAndroid para o transporte (ferrocarril) e vin que o que descargaba era un ficheiro .pkpass o que fixen foi engadir este ficheiro á mesma aplicación. Recoñeceuno correctamente.

imaxe do bono

deste xeito podes:

Sobre PassAndroid

traducido da información mostrada no repositorio de f-droid

Mostra ficheiros PassBook (*.pkpass) e o código de barras dos formatos (QR, PDF417 e AZTEC). Pode utilizarse sen precisar conexión a internet.

Esta app é un visor de passes, un pass pode ser por exemplo unha tarxeta de embarque para o avión, un cupón de desconto na cantina do bar ao chegar, a entrada para o cine, tarxetas de membresía dun clube - existen múltiples aplicacións. Básicamente trátase dun sistema para substituír un anaco de papel ou plástico que normalmente deberías levar contigo - así reducimos a produción de lixo e salvámos algunhas árbores.


CC BY-SA