Tusky é unha das aplicacións (clientes) máis antigas que temos en Android para estar no Fediverso. Para min é a mellor, a que eu uso.
Se publicas usando varios idiomas verás que na pantalla de edición da mensaxe tes na parte superior un idioma seleccionado. Este idioma é o que tes indicado nos axustes da túa conta mastodon (ou de outro tipo de servidor no fediverso). Aparece seleccionado por defecto cando escribes unha mensaxe nova. Se estás a responder a unha mensaxe entón aparece o idioma da publicación á que respondes.
Emporiso, poderías usar diferentes idiomas para publicar, e ao usar a etiqueta de idioma para a túa mensaxe axudas a que os servizos de tradución automática que incorporan moitos servidores fagan mellor o seu traballo (mellores traducións). Tamén, axudas a que as túas seguidoras poidan filtrar as túas mensaxes de xeito eficiente, pois poderían estar só interesadas nalgún deles.
A lista despregable é enorme, cos nomes dos idiomas en orde alfabética. Resulta conveniente ter arriba de todo e mais a man os idiomas que normalmente usas.
A solución está nesta incidencia de Tusky, onde connieduck explica a lóxica que aplica esa lista.
vas a Idiomas preferidos e engades os que uses habitualmente. O primeiro é o idioma do teu dispositivo, así que se o cambias tamén o fará todo no dispositivo. Os outros son os que usará o dispositivo en caso de que unha aplicación ou servizo non esté dispoñible no primeiro da lista. A orde é relevante.
automáticamente, e sen reiniciar o dispositivo, xa verás que agora os idiomas seleccionados están arriba de todo, moito máis accesibles.
isto non impide que poidas seleccionar calquera outro idioma se o precisas.
Todo isto, por suposto, porque ía abrir unha incidencia pedindo, se fose posible, poñer arriba de todo os idiomas máis usados.
Se desfrutas usando Tusky, podes contribuír ao seu desenvolvemento cunha pequena doazón en Opencollective