I Trail A Fume de Carozo, San Cibrao.

Por ghose , 05 Sep 2023, na categoría correr, deporte

carreiras populares, cervo, correr, running, san cibrao, trail, trailrunning
en

Reseña da participación nesta carreira en San Cibrao, Cervo (ver vídeo de turismo), onde copio e pego o que publiquei en Correr en Galicia.

O sábado fun alá correr, e como é a primeira edición vou contar un pouco como é a cousa por se repiten para o ano e alguén quere saber. Eu corrín a versión de 16 quilómetros.

datos da carreira

Descrición

A organización é moi correcta, ou boa, ou como debe ser:

A Ruta

as miñas expectativas non eran moi alá (prexuizo meu) e ao final pareceume entretido e bonito.

comezas en San Cibrao-Praza dos Campos a nivel do mar, cuns dous ou tres quilómetros correndo ao longo do Río Covo que chega á vila, por unha ponte de pedra moi bonita e baixo as árbores. O camiño era "single track", pero limpo e sen dificultade técnica.

ponte do Bao

Ponte do Bao, imaxe de turismo.gal

despois cruzas por debaixo da estrada xeral e vas indo cara o monte Medela, con antenas e unha canteira que teñen alí (300 e pico metros de alto), todo corrible (se tes forzas) sen gran desnivel. Aí polo seis comezas xa a aumentar o desnivel e sobre o 8 hai un pequeno (curto) cortalumes cunha pendente xeitosa, pero non de irse agarrando aos penedos ou ás uces.

pequeno tramo xa na cima onde pasas pola beira da canteira, cunhas vistas fermosas da costa do concello y más allá Sorriso Estaba nublado, pero safamos da chuvia e víase todo moi ben. Tampouco facía frío ningún.

Pasadas as antenas baixabas polo carreiro que teñen os das bicicletas estas que baixan a lo loco pa matarse, con moitas reviravoltas e sempre ben marcadas as zonas máis perigosas.

chegando xa de volta á vila métente pola beira do mar para ver así un pouco a paisaxe e tal, rematando no lugar de saída alí nunha pequena praza.

ruta no mapa

ruta no mapa

A miña carreira

Personalmente pasei unha boa mañán, saudando alí á xente, non levei un golpe e tras saír tranquilo funlle dando e o último tramo xa de correr fun "ao que podía"

Este ano fun un pouco por casualidade, un sábado pola mañán, pero igual para o ano fago a de vintepico quilómetros.

Nada máis, saúdos que que vaia ben.

collage