XL Carreira Popular Amaía, Brión.

Por ghose , 01 Oct 2023, na categoría correr, deporte

amaía, asfalto, brión, carreiras populares

1 de outubro de 2023

pois por Brión andivemos

foto da zona de saída

zona de saída, na carballeira é máis bonito, para que mentir.

había dous ou tres anos que non ía (polo menos*) e fun un pouco sen saber moi ben como era a cousa. Alí mesmo na saída souben que eran dúas voltas (10K) Así que o plan de "ir rapidiño que total logo acabas" foi ao carallo e tiven que regular un pouco.

a min temperatura resultoume agradable, pero é verdade que para ser outubro quentaba. Daban auga ao pasar así que non había problema.

Moito gusto ver tanta rapazada nas carreiras das outras categorías e na de personas mayores tamén nos xuntamos un lote.

O circuito resultou ser moi moi parecido ao que se facía pero saíndo dunha rúa alá abaixo en lugar de na carballeira de Santa Minia. Un pouco jodido se saes a lo loco, pero polo menos é entretido e non unha carreira nun polígono.

Grazas a todas as persoas que traballan para sacar a carreira adiante un ano máis

Corrín descalzo, e só foi jodido o tramo aquel duns trescentos metros onde das a volta entre as casas, polo demáis sen problema.

Nota:

(*) Pois non, non corrín esta carreira desde 2019