Perder as bestas - Manuel Veiga

Por ghose , 26 Jan 2024, na categoría libros, cultura

fascismo, galicia, guerra civil, libros, monte, novela

Título: Perder as bestas

Autor: Manuel Veiga Taboada

portada

Copiado desde Bookwyrm, podes comentar alí.

en realidade con tres estreliñas ⭐ ⭐ ⭐ vai que chuta, pero haille que ser agradecidos. O que mais me gustou do relato foi o esforzo por incluír vocabulario das zonas onde acontecen os feitos, que podemos situar nunha zona de montaña entre Portugal e España. Os montes, os bosques, os ríos, a vexetación, os tipos de casas e traballos, ... cada cousa polo seu nome.

Ao rematar a Guerra Civil española unha cuadrilla de irregulares dos fascistas vencedores vai polo monte a cazar ateos e, de paso, a realizar actos de sabotaxe no seu nome para poñer a poboación en contra deles. Contrainsurxencia, creo que se lle di a isto. O estilo é aquel de Cormac McCarthy, a do deserto, Meridiano de sangre, onde todos son malos. Ou a de este outro, español, entre olivos e cabras, que non lembro o nome e podería miralo antes de escribir, pero non sería sincero, pero que tamén desfrutei. Nesta tamén, paga a pena o esforozo e sobre todo, se por idade ou eivas do sistema educativo, cres que isto é "fantasía violenta"... non o é. Hai licenzas artísticas que o autor colle, pero nos montes de media España, hai algo menos de 100 anos, a cousa ía así. Por certo, cos curas como argamasa entre o poder civil e militar. Nesta novela tampouco os curas quedan ben retratados.