Título: La librería (The bookshop, 1978)
Autoría: Penélope Fitzgerald
copiado do fediverso
unha señora experimenta a vida como autónoma ao abrir unha librería nunha pequena vila do rural costeiro de Inglaterra.
A vida pasa entre as envexas, os atrancos das malidicencias, os problemas económicos, a soidade, as pantasmas (reais e imaxinarias), o choque de personalidades, solidariedade e axuda por parte de quen non a esperas,… e tamén polas minucias propias do rural e o xeito de vida que conleva: moito traballo, moito aburrimento, moita falta de expectativas.
Non faltan notas de humor (británico?) ou sorna que che traen un sorriso á cara, pero deixoume algo frío, creo que debido a algún personaxe como o fulano que traballa na BBC (displicente e soberbio?), a rapariga que lle axuda na tenda (sen empatía?), quizá lle dá demasiado protagonismo á antagonista, ou polo menos eu creo que merecía mellor trato a rapariga (facela máis amigable, aínda que fose ao estilo do señor que mira por ela sen pretensións) que non a señora metementodo.
Pode resultarche entretida.