La guerra de la amapola - R.F.Kuang

Por ghose , 10 Jan 2025, na categoría libros, cultura

amapola, fantasía, guerra, kuang, libros

Título: La guerra de la amapola

Autoría: R.F. Kuang

imaxe da portada

Aviso por diante que este libro ten gran aceptación e fama, cunha autora que recibeu moitos premios e recoñecemento, así que só conto o que a min me fixo sentir a novela, unha opinión como outra calquera.

Nas reseñas que vas atopar por aí hai moitas referencias á reflexión sobre o uso da violencia, a responsabilidade, o malas que son as drogas, a toma de decisións, incluso loita de clases (!) e socioeconomía. Para min queda todo enterrado baixo unha capa de... lixeireza? falta de substancia? De verdade que non lin este libro con prexuizos ou desganado.

Pego aquí os comentarios que fun poñendo no fediverso/bookwyrm

Presentación

Primer curso en Torres de Mallory, con outro decorado de fondo.

(estou sendo sarcástico, non me tomes en serio, por agora destaco que está correctamente escrito, pero agardaba algo máis elaborado)

inicio da "saga", porque agora as historias non collen nun só libro

a primeira parte desta novela está deseñada para presentar o marco xeográfico, político, ecocnómico, as personaxes principais e as coordenadas da «fantasía» da que debemos ser partícipes.

Reinos de «taifas» en loita secular que desfrutan dun período de non agresión que acada o seu fin.

Con este marco xeral establecido comeza a desenvolverse, a ampliarse, o que parece ser o obxecto principal da novela.

[aquí omito un comentario sarcástico e irrelevante]

Recensión

Non me aportou nada.

e pego o comentario final

ía poñerlle 3☆, porque é entretemento lixeiro e decente, pero este último capítulo da novela pareceume incluso desagradable, non só por recrearse en detalles violentos e morbosos (cousa que é residual no resto da novela), que tamén, se non por presentar ás lectoras un debate ético cando a protagonista está toda a novela dicindo «que non, que pa'lante». Está metido con calzador. Faina quedar como unha persoa inestable e carente de principios éticos. Hai que engadir que é unha post-adolescente, así que sexamos comprensivas (e condescendentes).

Extrañaríame moito que lese a segunda parte da novela (e sucesivas?) habendo tantos libros por aí que aportan algo.

En xeral pareceume unha novela plana, pouco suxerente, con escenas e xiros na historia nada creíbles incluso participando da fantasía proposta, unha novela que che fai apreciar as que son mellores e non andar regalando estreliñas como se non houbese que gañalas 😅


dalle unha oportunidade, non é tan mala novela como se podería pensar (agora que me leo), son máis de 400 páxinas, así que algo de bo e entretido tivo que ter ;-)