Por ghose , 09 Dec 2025, na categoría IT, fotografía
Crear un mosaico cadrado con catro fotos e engadirlles unha sinatura.
O formato cadrado e elixir só catro fotos é unha elección persoal, non hai tal limitación pero ten en conta as proporcións, marxes, etc.
Imagemagick instalado no teu ordenador, dispoñible para Linux, Windows e iOS.
como probablemente as fotos proceden do móbil, o máis fácil para min é recortalas 1:1 no móbil, encadrando como queira pero pensando na composición final.
eu uso syncthing, pero da igual o procedemento.
Crea un cartafol dedicado para esta tarefa onde queiras, e pon as fotos dentro del, xunto a sinatura.png e mosaico_cadrado.sh (que crearemos a continuación pero, por simplicidade e ignorancia miña, pon todo xunto).
Exemplo:
mkdir ~/mosaico
cd ~/mosaico
magick -size 220x40 xc:'rgba(255,255,255,0.3)' -font Atkinson-Hyperlegible-Regular -pointsize 22 -fill black -gravity center -annotate +0+0 'gts.xmgz.eu/@ghose' sinatura.png
con isto creas un rectángulo de 220x40 píxeles de tamaño, con fondo branco e 30% de opacidade, usando o tipo de letra Atkinson-Hyperlegible-Regular (mira no teu sistema as dispoñibles), cun tamaño da letra de 22, de cor negra, centrada no rectángulo e co texto «gts.xmgz.eu/@ghose»
Queda gardada no cartafol como sinatura.png, hai que usar a extensión .png se queres transparencias.
no mesmo cartafol
montage -verbose -background '#FFFFFF' -geometry 600x600+20+20 -tile 2x *.jpg -border 10x10 -bordercolor '#000000' mosaico_cadrado.jpg
con fondo branco, dúas columnas, con todas as fotos .jpg que haxa no cartafol, con bordo tal y cual
Creas o ficheiro mosaico_cadrado.jpg
Truco: as fotos van en orde alfabética ascendente, polo que se queres cambiar a orde simplemente cambille o nome ás fotos acorde ao que che interese.
composite sinatura.png mosaico_cadrado.jpg -gravity southeast -geometry +40+40 mosaico_asinado.jpg
e obtés a foto final mosaico_asinado.jp, que é ista:

unha vez funciona correctamente podes poñer todo nun script dentro do cartafol mosaico
Creas mosaico_asinado.sh co contido
#!/bin/bash
## meter no cartafol catro (4) fotos CADRADAS de extensión .jpg, xuntalas e pegarlle a sinatura
## cadradas porque si
## 4 por manter as proporcións
montage -verbose -background '#FFFFFF' -geometry 600x600+20+20 -tile 2x *.jpg -border 10x10 -bordercolor '#000000' mosaico_cadrado.jpg
composite sinatura.png mosaico_cadrado.jpg -gravity southeast -geometry +40+40 mosaico_asinado.jpg
falo executable con chmod +x mosaico_asinado.sh
Fíxate que sinatura.png estea xa no cartafol, e a partir de entonces só tes que meter as catro fotos no cartafol e executar o script con ./mosaico_asinado.sh
Ademáis de ler os manuais (sobre todo para o formato da cor con transparencia), estas dúas webs axudáronme
https://amytabb.com/til/photography/2021/01/23/image-magick-watermark/ , para crear a marca de auga e metela nun ficheiro .png https://linuxhint.com/imagemagick-adding-text-image/, varios xeitos de incluír un texto ou marca de auga