Crea Convites ao Fediverso (Mastodon)

Por ghose , 12 Dec 2024, na categoría IT, fediverso

convite, fediverso, invitación, mastodon, qr

Convida ao Fediverso ⁂ (Mastodon)

no contexto dos «starter packs» que axudarían a que as persoas tivesen unha acollida máis amigable no Fediverso (para ter unha cronoloxía de Inicio con algo de contido, supoño) quero propoñer outra ferramenta que rara vez vin que ninguén a usara:

Crear convites para as amizades

A ferramenta está dispoñible na interface web de Mastodon SE A ADMINISTRACIÓN DA TÚA INSTANCIA A TEN ACTIVADA, no menú lateral esquerdo de Preferencias > Convidar persoas

trátase dunha simple ligazón (URL) á instancia onde ti creaches a conta que a túa amizade ao abrila verá que procede de tí, co cal xa ten unha referencia e un punto a partir do cal apoiarse ou simplemente ter alguén con quen conversar/compartir. Se ademáis marcamos a opción «Convida a seguir a túa conta» entón o seguimento será automático.

A maiores, ten a vantaxe de ✨solucionar o problema de moitas persoas: en que instancia creo a conta?

Por exemplo, podes crear un convite xenérico que non caduque para compartir noutras redes e poidan atoparte rápida e fácilmente no Fediverso ⁂ ou ben crear un convite para unha persoa concreta e que caduque nunha semana.

crear convites en mastodon

interface de mastodon que mostra a ferramenta para crear convites

Comparte o convite cun QR

o convite é un enderezo a internet, un URL que podes copiar e pegar onde queiras (envíallo por whatsapp ao teu grupo!!)

ou ben, podes facer un Código QR para incluílo na túa páxina web, avatar noutras redes, ou incluso imprimir nunha camiseta ou nas publicacións da túa empresa. Ao crear a conta usando o teu convite seguirate automaticamente (se así o estableces)

Crear un QR

imaxe dun código qr creado na páxina fietkau.software

imaxe distorsionada de mostra, non funciona

nerdy way 🤓

liña de comandos co paquete qrencode

qrencode https://instancia.mastodon/invite/jkña-código-kñkjñ -o imaxe-qr.png

mira con man qrencode as opcións de formato dispoñibles.


ten sempre a man esta ligazón de convite para compartila cando fales con alguén sobre o Fediverso (Mastodon), así terán unha porta de acceso máis doada de abrir.

pona na túa información de estado / bio en whastapp e outras redes

unha vez creen a conta intenta interactuar con esa persoa para que se sinta acollida. Dalle a man, axúdalle nos primeiros momentos.