Título: El extraño caso del Dr. Jeckyll y Mr. Hyde (1886)
Autoría: Robert Louis Stevenson
Cando levaba un bo anaco lendo fixen unha referencia ao alcolismo porque chamaba moito a atención o presente que estaba o alcol. Incluso, descrito de xeito casual podemos ler sobre a austeridade dun personaxe:
[Utterson]Era austero consigo mismo: bebía ginebra, cuando estaba solo, para atemperar su tendencia a los buenos vinos[...]
e máis adiante
[...]y muchas mujeres de distinta nacionalidad que se iban, con la llave de casa en mano, a beber su ginebra matutina.
As referencias son contínuas.
contén «SPOILERS», pero a estas alturas non te van sorprender.
TL;DR: un señor con doble personalidade provocada por abusar dunha substancia asume, como bo cabaleiro inglés, a responsabilidade da súa adición.
A historia é ben coñecida, pero igual coma min en realidade nunca liches a novela. É un relato curto cunha ambientación mínima no lúgrube Londres de finais dos século dezanove. Dada a audiencia á que se dirixe (o target) creo que dá as pinceladas mínimas para situar a acción, tanto dos espazos físicos nos que se desenvolve como polos «figurantes» (o servizo doméstico).
Días despois de rematar a novela pensei que é posible que Stevenson realmente estivese facendo unha crítica ao alcolismo endémico desa clase de persoas, describindo como persoas de clase alta, ben educadas e gustos refinados, tiñan porén o vicio este que sacaba á luz ese lado malo que levamos dentro (sic). É dicir, a pócima de Jeckyll é unha metáfora sobre esa adición, da que é consciente pero que incluso absténdose unha tempada volve a recaer.
Cabe destacar que o autor deixa claro que o doutor non é o bo e o sr. hyde o malo, se non a mesma persoa, que tan responsable e consciente é unha parte como a outra. Recoñécense entre elas. Paréceme interesante este aspecto en canto a asumir a responsabilidade dos seus actos, sen alegar loucura nin alienamento, se non que recoñece o seu erro primixenio (ousadía? vaidade intelectual?) que remata en traxedia.
Seguramente hai estudos académicos ao respecto e interpretacións, así que igual isto que escribo é só imaxinación miña e un aspecto irrelevante da novela.
Paga a pena ler a novela, a ver que che parece a ti.
Aquí tes o libro en formato dixital, en inglés