Los desposeídos - Ursula K. Le Guin

Por ghose , 24 Sep 2024, na categoría libros, cultura

anarquismo, ciencia ficción, libros, novela

Título: Los deposeídos (1974)

Autoría: Ursula K. Le Guin

imaxe da portada da edición de minotauro

Primeiro debo dicir que me levou todo o verán ler a novela, porque non conseguín entusiasmarme con ela como parece fai todo o mundo. Case me sentía culpable por ler un capítulo e deixar o libro unha semana.

Creo, visto agora, que onde eu vexo unha novela como vehículo para presentarnos un modelo alternativo de sociedade (coas súas vantaxes e eivas) creo que moitas persoas ven un ideal a alcanzar ou ao que aspirar. Non tiña eu esa sensación ao ler. Non axudaba que os anarquistas vivisen nun planeta con recursos moi limitados, facendo da necesidade virtude, administrando esa escaseza desde a solidaridade, apoio mutuo e asunción da responsabilidade respecto do colectivo.

O outro planeta vive na abundancia, onde unha minoría relativa administra a costa da dignidade e respeto hacia a maior parte da poboación que simplemente sobrevive.

O xeito en que se considera a outra persoa (un igual ou un subordinado) parece determinar todo o resto de relacións. Comenta en abundancia o concepto de non posuír, nin ser posuído polas cousas; a falta de necesidade de ter unha moeda como mecanismo de intercambio de valor (substituída directamente por tempo e forza de traballo, aparentemente).

En resumo, non percibía eu que esta sociedade estivese ao alcance xa non do meu tempo de vida, se non en moitas xeneracións. Deixando aparte que nunca existiu nada semellante (a escala rexional/nacional) e que sería preciso un cataclismo que, como na novela, case fixese preciso un restablecemento das condicións de vida da humanidade e fose como volver a comezar desde a nada, con algún tipo de líder ou mesías que dispuxese que o anarquismo é o que se precisa. Non sei, igual non teño eu moita imaxinación (nin esperanza) para un mundo de seres solidarios e iguais en dereitos e obrigas. É probable que se te pilla este libro nunha idade (mental) axeitada, máis receptiva e aberta ás posibilidades que brinda o futuro, entón, o desfrutes mais ca min.

Quero rematar cunha nota positiva. Escrita en 1974, fai certas análises socioeconómicas moi atinadas, incluso na deriva depredadora e autodestructiva na que Terra permanece.

no Fediverso ⁂

algunha recensión e comentarios sobre a novela en Bookwyrm.