Indolente ― Alberto Mancebo

Por ghose , 10 Oct 2024, na categoría libros, cultura

alberto mancebo, ansiedade, catástrofe, libros, novela, tormenta solar

Titulo: Indolente (2024)

Autoría: Alberto Mancebo

portada da edición en papel

Pego aquí a recensión que publiquei no Fediverso.

Lida a sinopse, só engado que está escrito moi decentemente, sen artificios innecesarios, centrándose en manter a tensión e ansiedade que sinte a protagonista. Ten unha misión vital moi concreta e obstáculos a superar, entre eles algún trauma do pasado que aínda non puido superar.

Collen dentro temas como a saúde mental, a ecoansiedade, excepticismo magufo, homofobia, galeguidade...

Pode que ⭐⭐⭐⭐ sexa excesivo, pero se cadra é polas expectativas baixas que tiña. Non polo autor, do que non lera nada, se non pola mala xeira que levo en canto a escoller lecturas.

Bo de ler e entretido.


Ficha da novela en Xerais