Título: Hamnet
Autoría: Maggie O'Farrell
portada da edición da novela en castelán por Libros del Asteroide
É unha novela moi triste e moi bonita. Creo que non debo dicir moito máis.
Boa parte da novela está escrita como unha descrición, por unha persoa allea á historia que se recrea nos detalles da escena. Son detalles non só do mundo físico se non do que sinten os protagonistas, da súa alegría e enerxía expansiva cando sinten amor, como da negrura, amargura e desesperacións máis profundas cando o desastre cae sobre eles. En calquera caso, a novela é máis luminosa que escura, pon máis luz no corazón que escuridade.
Pequeno espoiler
O eixo da novela é a nai de Hamnet, por moito que a figura do pai sexa o gancho para atraernos e que, ao final, sexa redimida (na novela).