Este artigo vai ir actualizándose e medrando mentras lea as crónicas. Levo 2 libros lidos.
Título en castelán: Los diarios de Matabot. Murderbot diaries, by Martha Wells.

un robot/persoa toma control sobre si mesmo pero o mundo non o sabe e, máis relevante, as persoas para quen traballa tampouco. Éstas mándano a un traballo, como axente de seguridade, pero as cousas tórcense cando os clientes se ven nun problema de competencia polos recursos e ambición (avaricia). Como é consciente e autónomo, o robot comeza a tomar decisións e partido polo que considera máis axeitado para si mesmo (e tamén ético? ja! resulta que traballa para os bos da película)
O matabot/killerbot non carece de sentido do humor e certa ironía lindeira co sarcasmo ⚠️
... o guión dunha teleserie de Disney (Channel), non? Está ben.
aparentemente non quere complicarse a vida, pero faino. Despois de fuxir (spoiler) das persoas que o «liberaron», buscando aínda-non-sei-que (información que o redima? cando ninguén o está a buscar?), métese a traballar como consultor de seguiridade compinchado cunha supercompturadora que está aburrida (sic) e ten curiosidade pola socioloxía.
salva un par de situacións complicadas, aprende algo máis sobre o seu pasado e nada, a seguir.
Non parezo entusiasmado, pero é simplemente porque son novelas case como episodios dunha teleserie, planas e de consumo rápido. Polo menos non che quentan a cabeza.
Igual que o primeiro. Igual que o entretemento que consume o matabot este.
e aquí podes ler unha cita
Continuará… ou non.