Título: A vexetariana
Autoría: Han Kang
edición en galego publicada por Rinoceronte Editora, traducida por Alba Verea Pérez.
Os tres relatos que compoñen a novela xiran arredor desta muller, pero retratan sobre todo a quenes están ao seu arredor e á sociedade na que viven. Non desvelo nada, peo que sexa vexetariana é circunstancial para a novela e o que conta, podería titularse A muller que come biscoito o domingo.
Deixo, para cada capítulo, os comentarios que publiquei no Fediverso⁂ mentras lía.
Ostras! Faise extraña a elección do narrador en primeira persoa. Que sexa un home non é casualidade. Creo que non captei a moralexa do relato, ou a idea que quere transmitir, mais alá da descrición dunha sociedade patriarcal onde a muller non é cidadán autodeterminado e con plenos dereitos civís. Non é pouco, pero os «soños» que describe a protagonista (coa súa voz) non sabería como encaixalos tampouco.
No segundo capítulo: O doloroso proceso creativo dun artista (home)
iste é un comentario sarcástico, debo aclaralo, porque pasan outras cousas, pero a preocupación do artista é el. Egoísmo?
Finalmente, a voz dunha muller. A voz da sensatez? da cordura? Estamos a observar «desde este lado»? Quen estea libre de culpa, que tire a primeira pedra.
si, escoitamos unha voz feminina que intenta achegarnos a ese proceso interior que vive.
escribo semanas despois de ter lido a novela, e pensando en retrospectiva creo que me resultou finalmente máis interesante e reflexiva do que no momento de ler fun capaz de percibir. Parece andar dando voltas sen un fin concreto, pero non. Sen dúbida non direi que non se volvo a coincidir coa autora.